Lummerland

O pracer de xogar


Xogar é o máis natural para o neno dende os seus primeiros días de vida. Co xesto de coller un obxecto ou seguilo coa mirada, experimenta as primeiras sensacións e coñece as súas capacidades e os seus límites. E por suposto, regálanos os seus primeiros sorrisos.

Paseniño, paseniño, descubre que xogando pode entreterse e divertirse, e sen sabelo segue avanzando no seu desenvolvemento e aprendizaxe.

nosotros-placer-tit

En Lummerland® preguntámonos: É posíbel que obxectos tan presentes na vida diaria dos nosos nenos, ademais de ser bonitos, alegres, divertidos, poidan ser tamén obxectos seguros, de calidade, ecolóxicos, respectuosos cos seres vivos e co medio ambiente? A resposta non é unha, senon moitas: Bonecos, animais de trapo, casas, pontes, torres e castelos enteiros de madeira ou cartón! Un mundo enteiro de posibilidades para acompañar aos nosos nenos día tras día no seu crecemento.