Lummerland

A xoguetería diferente


En Lummerland® NON atoparás xoguetes que falen, que se movan con pilas, que produzan sons ou luces, SÍ atoparás xoguetes aos que os nosos nenos dean vida, que os movan, que os fagan sonar, convertíndoos en protagonistas das súas historias.

Consideramos esencial deixar libre a creatividade innata dos nenos para que poidan expresarse e descubrir as súas capacidades por sí mesmos. Por isto, ofrecémoslles as ferramentas para que experimenten e aprendan, para que compartan e que cada xogo sexa así un xogo novo e diferente.

O xoguete acotío convírtese no amigo inseparábel do neno, das súas viaxes e paseo, úsase, sácase á rúa para ser obxecto de intercambio e socialización con outros nenos.

Seleccionamos con moito coidado os nosos produtos, tendo en conta as texturas, recendos, formas e cores, de tal xeito que se adapten a cada etapa de aprendizaxe do neno.

Outro pilar do noso concepto é a transmisión de valores tan esenciais como son o respecto polo medio ambiente e os seres vivos, a solidariedade, a cooperación, xa que todos os nosos produtos realízanse seguindo un proceso de fabricación e usando uns materiais coherentes con estes valores.

nosotros-jugueteria-tit nosotros-jugueteria-tit

Ademáis:

Traballamos coa banca ética Triodos Bank, e usamos para toda a nosa correspondencia papel 100% reciclado da marca Memo, certificado polo Anxo Azul (Blauer Engel). Para envolver os nosos agasallos empregamos papel reciclado Kraft e cinta de papel reciclado.

O local reestruturouse de xeito responsábel co medio ambiente utilizando madeiras de bosques sostibeis (FSC e PEFC), pinturas ecolóxicas (Ecolabel), materiais reciclados e biodegradabeis. Escollimos igualmente todos os nosos aparatos electrónicos baixo estes criterios.

Lummerland® é un espacio libre de wifi.