Lummerland

Quen é Botón?


Quen é Botón?

Confesámosche un segredo: Todo o que hai en Lummerland® tivo que pasar polo control de Botón. Botón é moi esixente. Todo o que chegaba a Lummerland® él o tiña que coller, mirar desmontar… E se algo non lle gustaba, fóra! Non o pensaba dúas veces.

En troques, o que de verdade lle gustaba… o collía, o movía dun lado para outro, o arrastraba por todo Lummerland®. Podías atopar unha casiña de madeira por embaixo da escaleira, ou unha boneca nun baúl, e para que os soltara… Buff Botón o agochaba todo na súa caixa de tesouros.

Ao final chegamos a un acordo: Nada de agochar as cousas! Botón segue a probar todos e cada un dos xoguetes, pero estos quedarán á vista para compartilos contigo.

Que significa “ecolóxico” e “sostíbel”?

Ecolóxico significa que coidas da túa contorna, o teu xardín, as túas plantiñas, a roupa, os teus xoguetes e compartes ou regalas antes de tirar algo ao lixo. O lixo fai moito dano aos bosques e ao mar.

A palabra “sostíbel” quere dicir que non tiramos ao lixo nada que aínda podemos usar. Reciclas o papel na túa casa? Así cortaranse menos árbores e poderán crecer moito máis. As árbores son importantes para o noso medio ambiente xa que axudan a manter o aire limpo. E pechas a billa cando lavas os dentes? Así aforramos cada un un pouco de auga que é necesaria para vivir.

Entre todos podemos coidar máis o noso planeta e por elo os xoguetes que atopas en Lummerland® son ecolóxicos e sostíbeis.

E que atoparás en Lummerland®?

Un mundo de posibilidades para crear, divertirte, imaxinar… Descúbreo ti mesmo!

Estaremos moi ledas de que veñas visitarnos e axudarche a escoller o teu xoguete favorito, o que che acompañará nas túas novas aventuras.