Lummerland

Made in Lummerland®


Como conta a novela "Jim Botón e Lucas o maquinista" de Michael Ende, Lummerland é unha illa fantástica á que chegan paquetes cun contido moi especial...

A nosa tenda non só recibe os mellores xoguetes ecolóxicos de Europa, senón que é tamén unha pequena fábrica de produtos con deseño propio, que se elaboran seguindo os mesmos criterios que aplicamos na procura de xoguetes e artigos de papelería fabricados por outras marcas.

As características comúns a todos, son que están feitos a man, responden aos nosos criterios de ecolóxico, ético e sustentable e levan a imaxe de Lummerland que é a nosa mascota "Botón". Por todo iso son uns produtos únicos e especiais que creamos con moito mimo.

Os produtos "made in Lummerland" son por agora:

  • o coxín Botón, un amigo inseparable, un coxín-boneco ideal para ter no cuarto, mellor encima da cama para que estea sempre a man para a sesta. Realizado a man, non hai dous iguais porque está feito cunha combinación cada vez diferente de teas de cores, todas en algodón orgánico, así como o seu recheo.
  • a bolsa de tela con logo Lummerland®, en algodón orgánico con impresión serigrafiada co noso logotipo, que representa a nosa marca e a nosa mascota, Botón. Ideal para acompañarnos nos percorridos diarios, para ir de paseo ou mesmo á praia.
  • a mochila de tela con el logo “Lummerland®”, en algodón orgánico con impresión serigrafiada co noso logotipo, que representa a nosa marca e a nosa mascota, Botón. Moi práctico para recoller e levar os nosos bloques apilables, xoguetes de pezas ou construción, ou simplemente para acompañarnos a todas partes.
  • unhas lámparas decorativas, personalizadas segundo cor, punto e tamaño de pantalla. Están feitas con tea de algodón reciclado a man. Por iso non hai dous iguais! Perfectas para a iluminación de calquera ambiente, desde unha habitación infantil ata un espazo comercial, como as que temos na nosa tenda física.

Na nosa illa a produción nunca para. Así que síguenos e descobre as novidades "made in Lummerland®".