Lummerland

Marcas


Para nós é fundamental que todo o proceso de producción sexa o máis transparente posíbel e acorde cos máis estritos principios de sostibilidade e consumo responsabel.

Para acadar os nosos obxectivos, traballamos con fabricantes europeos, que teñen uns estándares de calidade moi altos e producen en óptimas condicións éticas e ecolóxicas. Eles comparten a nosa filosofía e adícanse a crear e realizar os seus produtos con moita experiencia e agarimo.

Moitos dos fabricantes son pequenas empresas familiares, outros levan décadas de experiencia sendo unha empresa verde, coidando todos os recursos ao longo do proceso de fabricación e distribución:

  • usan enerxías renovabeis
  • reciclan material sobrante da producción convertíndoo en enerxía para calefacción e corrente eléctrica
  • usan materias reciclados para a embalaxe
  • lixen un transporte verde de cero emisións
  • fabrican de xeito rexional e cuns salarios dignos
  • colaboran con talleres protexidos, fomentando así a inclusión de persoas con discapacidade.
Marcas