Lummerland

Criterios


Todos os produtos e xoguetes de Lummerland® caracterízanse por unha excelente calidade, fomentan a creatividade e crean unha relación saudable coa nosa contorna natural.

Os xoguetes están realizados con materiais naturais, renovables e biodegradables, nomeadamente de cultivo orgánico certificado (kbA), como por exemplo o algodón orgánico en bonecas e peluches, ou os extractos vexetais nos produtos de bricolaxe e debuxo. As madeiras son autóctonas, naturais, tratadas con aceites ecolóxicos ou pintadas con tinturas non tóxicas.

amigos-criterios-tit amigos-criterios-tit amigos-criterios-tit

Os nosos xoguetes son:

Seguros

Non se empregan mateirais ou substancias tóxicas nin no proceso de fabricación nin no produto final. Como garantía de calidade existen varios sellos de calidade e un control rigoroso. Aquí podes obter máis información sobre eles.

Son seguros porque, amáis de garantir unhas materias primas de alta calidade, téñese especial coidado nas tinturas, pinturas, cores e remates, porque os estándares en Europa non son sempre suficientes para que algún deles non sexa perigoso. Moitas pinturas convencionais conteñen substancias de orixe descoñecida e investigouse pouco sobre os posibles efectos nocivos para un neno a longo prazo. Por isto, seleccionamos só produtos dos que podemos estar seguros que non leven substancias dubidosas ou perigosas. Os nosos xoguetes son naturais ou están tratados únicamente con aceites naturais ou tinturas ecolóxicas.

Educativos

Porque por medio dos materiais, das súas formas e cores, o neno, ademáis de gozar xogando, experimenta dun xeito moi intenso o tacto e o olfato. A madeira, por exemplo, grazas á estrutura da súa superficie, estimula as habilidades motrices do neno, xa nos seus primeiros meses de vida, e fomenta a sensibilidade no tacto.

A nosa selección de productos apóiase, entre outras, na filosofía Waldorf, de María Montessori e Rudolf Steiner, como complementarias á educación que se proporciona aos nosos fillos nas institucións infantís.

Alegres e orixinais

Lummerland® ofréceche xoguetes alegres e orixinais, para que poidan sorprender, divertir, facer sorrir ao teu neno; ademáis son moi versátiles, para que non haxa límites na creatividade.

Atractivos

Porque incluso os nosos máis pequenos xa saben apreciar a beleza das formas, cores e texturas.

¡E para todos!

Os nosos xoguetes son aptos para todos os nenos. Non son sexistas nin bélicos.


Cada neno é único e é un mundo! Por isto, en Lummerland® esforzámosnos por ofrecer a cada neno o xoguete que lle permita disfrutar e lle apoie xusto na fase de aprendizaxe e no momento de desenvolvemento no que se atope. Non nos guiamos soamente pola idade, xénero ou orientacións que dan as institucións educativas, senon que observamos ao neno para capturar as súas cualidades persoais. Neste proceso queremos serviros de guía e fonte de inspiración.