Lummerland
Certificacións de calidade

Vegan


Aínda que en Lummerland optamos, preferiblemente, por uns produtos que estean libres de sustancias de orixe animal, apreciamos as iniciativas dalgúns fabricantes de marcar os seus produtos veganos, libres de derivados de animal, cun selo en forma de folla ou flor e/ou a palabra “vegan”.

Esta certificación é totalmente voluntaria e baséase na transparencia e a confianza, aínda que institucións como o Ökotest ou a Vegan Society levan a cabo controles e revisións dos produtos declarados “vegan” no mercado. A Vegan Society adxudica tamén un selo propio pero, por agora, maioritariamente a produtos de alimentación e cosmética.

Un produto é vegano, cando está completamente libre de todo o animal, é dicir, no seu desenvolvemento e produción non se emprega ningún material de orixe animal, descártanse alimentos, como carne, peixe, xelatina, ovo, produtos lácteos e mel, pero tamén cera de abellas, coiro, la e seda. Tampouco se experimenta con animais e o produto pola súa condición ou contido non incita á violencia ou os malos tratos cara a un animal. O veganismo é convicción e filosofía de vida.

Para moitos produtos convencionais, pódese atopar un produto vegano adecuado e aquí en Lummerland axudámosche a atopalo.

(Máis información en: www.vegansociety.com)

Vegan