Lummerland
Certificacións de calidade

PEFC


PEFC é o sistema de certificación forestal máis implantado no mundo. O obxectivo de PEFC é asegurar que os bosques do mundo sexan xestionados de forma responsable, e que as súas múltiples funcións estean protexidas para xeracións presentes e futuras. Para iso conta coa colaboración de propietarios e empresas do sector forestal que, apostando pola certificación dos seus bosques e industrias, están a asegurar a sustentabilidade do sector.

PEFC proporciona o marco para a aplicación dunhas normas comúns, acordadas internacionalmente, a todos os seus sistemas de certificación nacional, aos xestores forestais e empresas de transformación de produtos forestais. Os produtos de orixe forestal (madeira, papel, cortiza, cogomelos, resinas, esencias...) certificados por PEFC garanten aos consumidores que están a comprar produtos de bosques xestionados sosteniblemente. Escollendo PEFC, os compradores poden axudar a combater a talla ilegal e fomentar as principais funcións que representan os recursos forestais como:

  • Contribuír ao mantemento de numerosos ecosistemas e á diversidade biolóxica.
  • Ser o sustento económico de moitas poboacións rurais e a orixe dunha importantísima industria de transformación.
  • Ter un papel social e cultural recoñecido cada vez en maior medida.

(Máis información en: http://www.pefc.es)

PEFC