Lummerland
Certificacións de calidade

GOTS


O “Global Organic Textile Standard” (GOTS) é un estándar internacional que abarca toda a cadea de produción: desde o cultivo ecolóxico da materia prima ata o tratamento e o refugallo dos téxtiles pasando polos estándares sociais na confección.

As certificadoras acreditadas, entre outras a “Control Union Certifications “(CUC) con sede nos Países Baixos, controlan o cumprimento dos estritos requisitos. Os téxtiles que cumpren con estes requisitos reciben o selo.

No cultivo e a transformación do téxtil non poden aplicarse produtos químicos nocivos (tratamento sen pesticidas, branqueo sen cloro, tinguiduras sen metais pesados). Ademais, exclúese o traballo infantil e regúlanse os horarios e un ambiente de traballo san.

Todos os nosos artigos téxtiles son da agricultura ecolóxica certificada (kbA) e a maioría leva o selo GOTS, tanto os fabricados a man como os que se produciron de forma industrial: desde doudous, muselinas, e axóuxeres de tea para os máis pequenos, ata os peluches e os coxíns.

(Máis información en: www.global-standard.org)

GOTS