Lummerland
Certificacións de calidade

FSC


O FSC (Forest Stewardship Council ou Consello de Administración Forestal) é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, que integra diferentes grupos ambientais e sociais que traballan para mellorar o manexo forestal mundialmente.

O seu selo acredita aos bosques, aos produtores que usan madeira obtida destes bosques e a toda entidade que comercie con eles, respectando uns principios con diferentes enfoques:

  • Ambientalmente, respectando a biodiversidade e os seus valores asociados, as augas, os chans e os ecosistemas fráxiles, ademais das paisaxes. Establécense medidas para protexer especies raras ou en perigo de extinción, así como os seus hábitats. Así mesmo, non está permitido o uso de organismos modificados xeneticamente e contrólase rigorosamente o uso de especies exóticas.
  • Socialmente, xerando emprego nas poboacións próximas ao bosque certificado de forma continua e , a longo prazo, diversificando ademais a súa economía a través da procura da rendibilidade en distintos produtos forestais.
  • Economicamente, xerando beneficios sen comprometer a conservación dos recursos forestais, minimizando os desperdicios asociados a cada aproveitamento, establecendo un límite na taxa de aproveitamento de produtos forestais, etc.

Todos os nosos xoguetes de madeira son de bosques sustentables certificados polo FSC ou o PEFC, pero tamén podes atopar o selo en produtos da nosa papelería reciclada.

(Máis información en: www.es.fsc.org)

FSC