Lummerland
Certificacións de calidade

FAIRTRADE


FAIRTRADE é unha asociación composta por 25 organizacións de comercio xusto en todo o mundo, que a través do seu selo garante ao consumidor que o produto que elixe foi elaborado e comercializado seguindo os estándares internacionais de Comercio Xusto.

Isto quere dicir que o produto cumpre uns estándares sociais estritos e na súa elaboración coidouse o medio ambiente. Os produtores que elaboran os produtos FAIRTRADE están organizados en cooperativas ou sindicatos e fomentan, co seu labor, o desenvolvemento de toda a súa comunidade.

O prezo dos produtos realizados baixo este selo é un prezo xusto porque cobre en todo momento o custo da produción e permite aos produtores vivir dignamente do seu traballo.

A maioría dos nosos xoguetes están fabricados en Europa, pero no caso de que algún compoñente sexa de produción non europea, prestamos especial atención a que leve o certificado FAIRTRADE do comercio xusto, para garantir o cumprimento dos estándares mencionados.

(Máis información en: www.sellocomerciojusto.org)

FAIRTRADE