Lummerland
Certificacións de calidade

Ecolabel


Ecolabel é unha certificación ecolóxica que se concede a todos os produtos e servizos que aseguran un baixo impacto ambiental en todo o seu ciclo de vida.

Esta marca ofrece as seguintes vantaxes para o medioambiente:

  • Redución da contaminación atmosférica, é dicir, menos emisións de xofre e gas de efecto invernadoiro.
  • Limitación do uso de sustancias nocivas para o medioambiente, é dicir, menos emisións de compostos de cloro e residuos orgánicos da auga.
  • Menos consumo de enerxía.
  • Uso exclusivo de fibras recicladas ou de fibras virxes procedentes de bosques de xestión sustentable.

O Comité de etiqueta ecolóxica da Unión Europea (CEUE) é a entidade que concede esta certificación e está composta por organismos competentes nacionais dos estados membros, representados por organizacións non gobernamentais ambientais, asociacións de consumidores e industriais, sindicatos e representantes das Pequenas e Medianas empresas e do mundo do comercio.

Este selo atópase moi a miúdo en produtos de limpeza, pinturas....Todas as pinturas empregadas na reforma da nosa tenda levan o selo ECOLABEL para crear un ambiente libre de sustancias nocivas.

(Máis información: http://www.eco-label.com/spanish/)

Ecolabel