Lummerland
Certificacións de calidade

Cosmebio


Este certificado atópase nos cosméticos franceses. Foi fundado por varios laboratorios cosméticos no ano 2002. O certificado Bio (cor verde) garante que polo menos o 95% dos ingredientes vexetais deben estar certificados como bio e que polo menos o 10% dos ingredientes totais do produto acabado deben ser ecolóxicos.

Ademais, en ningún dos casos os produtos poden conter ingredientes derivados do petróleo, nin materias primas animais (exceptuando a cera de abella e a lanolina), nin aceites minerais (paraffinum), nin aceites sintéticos (siliconas), nin perfumes, nin colorantes sintéticos.

Este selo atópalo nos nosos kit de maquillaxe para nenos.

(Máis información en: http://www.cosmebio.org/)

Cosmebio